Artigo

VIGO: A CIDADE OLIVICA

Desde os tempos mais antigos, as árbores estiveron relacionados coa humanidade e coas forzas místicas da natureza. Como árbore da vida é o símbolo por excelencia do Universo, árbore investido cuxas raices se afunden nos trevosos abismos do Eterno Ser, e cuxos frutos son o Universo Manifestado.
Non existiu na antiguidade povoo ou nazón que non tivese a sua árbore sagrada, coas suas peculiares características ou atributos baseados nas suas propriedades naturais e ás veces nas suas virtudes máxicas. Baixo as suas pólas celebraron-se sempre os ritos e iniciacións mais segredas, e ainda non fai moito tempo, baixo as pólas de algunhas destas centenarios árbores plantados ás portas das igrexas, era costume nos dias de festa que as xentes da aldea se reunisen baixo as suas pólas para tratar os asuntos mais importantes da comunidade.
Como exemplo de algunhas destas árbores sagradas podemos citar a “AZVHATA”, árbore sagrada na Índia, símbolo do coñecemento e do Ser Supremo e que entón se converteria en á árbore “BO” dos antigos budistas.
O “YGGDRASIL”, Freixo Sagrado dos antigos escandinavos, cuxa póla superior deba sombra ao Walhalla.
O “CARVALLO” sagrado dos Druidas, cuxas pólas cobijaron os seus mais segredos ritos nas profundidades dos bosques europeos.
A fúnebre “CIPRES”, árbore sagrada para os antigos Mexicanos e que na actualidade é entre cristiáns e musulmans a árbore da morte, da paz e do repouso. Até a Xénese segura que no centro do paraíso medraba a sagrada árbore da ciéncia do ben e do mal. Tamén entre os Índios norteamericanos, a “aldea de árbores” era considerada como o parceiro e amigo espiritual mais importante da “aldea dos homes”.

A OLIVEIRA

É á árbore da paz, a fecundidade, a vitória e a recompensa.
En Grecia estaba consagrado á diosa ATENEA e medraban en abundancia no chan de Eleuse, estando en relazón cos mistérios Eleusinos. Quen danaba algunha daquelas oliveiras comparecía imediatamente ante a xustiza. En todos os paises europeos e orientais reveste as mesmas características.
En Roma estaba consagrado a JUPITER e a MINERVA, e en Japón simboliza a amabilidade e a vitória.
Entre xudeos e cristiáns é o símbolo da paz. Ao final do diluvio a pomba de Noé trai tamén unha póla de oliveira, e segundo unha antiga lenda a cruz de cristo estaba construída con madeira de cedro e de oliveira.
Para o Islam é a árbore central, o eixo do mundo, o símbolo do home universal e do Profeta.
Tamén Xesus o Cristo, paso a sua iniciativa noite antes do seu sacrifício baixo as pólas dunha oliveira.

VIGO E A OLIVEIRA

A Vigo se lle coñece como a cidade olívica, e esta posíbelmente sexa a orixe da tradición que asocia a oliveira ao escudo heráldico da cidade.
no século XIV d.C. os monxes da Orde do Templo de Jerusalén (Templarios), tomaron posesión do antigo templo dedicado a Santa María, e no seu adro plantaron unha oliveira. co tempo os templarios desapareceron de Vigo pero a oliveira ficou.
En 1816 o vello templo é derribado para construir o novo de estilo Neoclásico Galego que pode ver-se xunto ao praza da Pedra, e a oliveira desapareceu. Don Manuel Ángel Pereyra recolleu un esqueje daquela árbore, e asi este pudo sobreviver. Os seus descintes plantaron-o no paseo do Alfonso XII, onde pode ver-se actualmente.
Pero a un sempre lle ficará a dúvida de se os templarios trouxeron a oliveira, ou o adoptaron por ter xa este un carácter sagrado para a cidade.
Vos achegade ao “paseo de Alfonso”, e baixo as suas pólas ollade eses seráns luminosos e máxicos, nos cais o último sol se afunde no Mar Trevoso tras as Cies, desgranando toda unha sinfonia de cores e paisaxes que semellasen ser pintados por Anxos.
Tal debeu ser a beleza espiritual que os homes do pasado viron en Vigo, que a chamasen “Cidade da Oliva”. Por esta razón debemos lembrar hoxe neste mundo sen soños e sen esperanza, que cando unha aldea se fica sen tradicións, se converte nunha aldea morta.


JOSE ALBERTO GARCIA

Cookies make it easier for us to provide you with our services. With the usage of our services you permit us to use cookies.
More information Ok