Únete a un dos nosos programas internacionais dende a cidade na que te atopes. Busca a sede máis preto de ti e ofrece o teu traballo voluntario. Tamén podes apoiarnos coas túas ideas, suxestións ou doazóns contactándonos a través da nosa dirección de correo electrónico. A túa axuda é benvida.

Programas internacionais en filosofía práctica

Voluntarios de Nueva Acrópolis en Chile realizan trabajos de pintura y reparación de los juegos recreativos del Hogar La Pelícana.

  • Escola internacional de filosofía. Un medio para coñecer as principais escolas de pensamento e a súa aplicación práctica na actualidade.
    Nova Acrópole impulsa cursos accesibles á poboación en tódolos países nos que ten presenza institucional, brindando apoio a máis de 3500 persoas.
    Este programa desenvolve ademais capacitacións rexionais aos instrutores acreditados, garantindo un nivel de calidade nos procesos pedagóxicos do programa de formación. Este ano as xornadas rexionais de capacitación tiveron gran éxito e foron realizadas en catro áreas do mundo: Europa Occidental, América do Sur e América do Centro.
  • Promoción do “Día Mundial da Filosofía”. A OINA transmite a súa proposta dunha filosofía ao alcance de todos, como unha actitude ante a vida, como un arte de vivir. Esta actividade que se celebra en todo o mundo no mes de novembro chega a máis de dous millóns de persoas a través de medios de comunicación e eventos públicos.

 

Programas internacionais no eido cultural

  • Programa internacional de promoción cultural. Nova Acrópole desenvolve cursos, seminarios e relatorios nos que se analizan os máis diversos aspectos da cultura do país no que os organiza.
  • Programa internacional de promoción da lectura. Nova Acrópole mantén e cultiva o amor pola lectura en 378 bibliotecas abertas ao público en todo o mundo as cales son atendidas polos seus voluntarios. Contamos con máis de 600.000 exemplares físicos e unha valiosa biblioteca virtual.
  • Programa internacional de investigación cultural e filosófica. A proposta da Xunta Directiva da OINA, cada ano, os equipos de investigación cultural e filosófica elaboran os seus traballos ao redor dun tema común. En 2010 o tema ten sido sobre biografías de filósofos e actores clave na cultura de diversas sociedades no mundo. Estas investigacións sintetízanse e dan orixe a unha publicación anual.
  • Instituto internacional de ciencias humanas “Hermes”. Desenvolve proxectos de investigación en relación coa transmisión da filosofía a través da historia e a xeografía e analiza o capital simbólico das diferentes culturas. Organiza viaxes de estudo e traballos de campo.
  • Instituto internacional de artes musicais e dramáticas “Tristán”. Promove actividades artísticas de todo tipo. Investiga sobre os efectos positivos no desenvolvemento e evolución do ser humano.
  • Instituto de artes marciais filosóficas “Bodhidharma”. As disciplinas das artes marciais proporcionan elementos válidos para vencer a violencia que afectan as sociedades na nosa época.
  • Promoción de centros educativos. É o caso do Colexio Giordano Bruno, no Perú.
  • Cursos, seminarios e relatorios sobre das máis variadas temáticas, reflexo da amplitude de miras da OINA e o seu esforzo en canalizaren as inquedanzas de todo tipo de persoas.
  • Programas de promoción das humanidades nos programas educativos. Colaboramos coas institucións educativas participando nas súas iniciativas para formaren cidadáns activos e responsábeis.
  • Programas de formación ética e valores na educación. Axudamos a superar o desconcerto e fortalecer a capacidade de facer fronte ás situacións e os desafíos.
  • Programas de investigación en tradicións e raíces culturais. Colaboramos en manter vivo o legado cultural de cada lugar, as súas tradicións populares e a súa identidade.
  • Programa Alexandría. Para facilitar o acceso a obras destacadas do pensamento, mediante o emprego das novas tecnoloxías da información.
  • Actividades artísticas: teatro, música, poesía, pintura, artesanía, danzas folclóricas, fotografía, en colaboración co Instituto Tristán.
  • Concursos literarios, musicais … Promovendo a participación e o espertar de novos valores das artes.
  • Viaxes culturais. Tomando contacto directo cos lugares da memoria dos pobos e civilizacións, aprendendo a valorar o legado patrimonial da Humanidade.

 

Programas internacionais no eido do voluntariado.

Novena Feria Anual del Voluntariado, en Atenas. Preparada por el Movimiento de Organizaciones de Voluntariado, de la que Nueva Acrópolis es miembro fundador.

  • Xornada internacional de filosofía, cultura e voluntariado. Neste evento anual compártense as boas prácticas e experiencias na posta en marcha de tódolos nosos programas que teñen como base o voluntariado. Planifícanse as futuras accións de voluntariado, xa que se conta coa participación de representantes de tódolos países da OINA.
  • Proxecto internacional “Valores en acción”. onsideramos necesario un enfoque práctico da ensinanza dos valores, polo cal desenvolvemos múltiples proxectos de voluntariado no social, educativo e ecolóxico para fomentar nos nosos voluntarios un sentido da responsabilidade cidadá ante a contorna na que se moven.

We use cookies on our website. Some of them are essential for the operation of the site, while others help us to improve this site and the user experience (tracking cookies). You can decide for yourself whether you want to allow cookies or not. Please note that if you reject them, you may not be able to use all the functionalities of the site.