Artigo
Por Delia Steinberg Guzmán
Son moitas as cousas que nos fan falta nestes momentos. En verdade, somos pobres en meio da abundancia e as comodidades que nos proporciona unha técnica ao servizo das necesidades reais ou presuntas do ser humano. Sen embargo, comprobamos que canto mais temos, mais necesitamos e isto constitui un círculo vicioso difícil de deter, a menos que consigamos o que nos fai falta .
Por iso decimos: Necesitamos mais Filosofia. Cando explicamos as finalidades de Nova Acrópolis, destacamos os seus cursos de Filosofia desenvolvidos á maneira clásica. E é alá onde pomos o acento, na maneira clásica, é dicer, nesa Filosofia amplia, que abranxe todo o espectro da vida e trata de responder a todos os seus interrogantes, sen se cinguir aos ríxidos marcos que hoxe a circunscriben.
FILOSOFIA HAI, PERO...
Un poderia perguntar-se : é que seica non hai Filosofia nos tempos apresentes para ter que recorrer ao estilo clásico? Si hai-na, pero...
Non imos entrar no detalle dos amplos programas universitários nen nos que se ditan nas escolas de ensino meio. Hai clases de Filosofia, pero esta matéria enche ou non a vida de quen a receben, non tanto de acordo aos programas, se non de acordo aos profesores que a imparten. Só os que vuelcan verdadeiro agarimo na sua tarefa, logran facer-se comprender polos seus alumnos e acordan un sentimento de procura e atopo. Os demáis xeran un triste caos mental que desemboca nas coñecidas formas de calificar a Filosofia: un galimatías de palabras e conceitos insuportábeis e inútis. Esta é a pesada e inxusta lápida que suporta a Filosofia: ser inútil. Non serve para nada prático nen dá diñeiro; é dicer, que para se gañar a vida neste terreno hai que dedicar-se á docencia (non sempre con bon ánimo) ou ter a increibel sorte de editar algun libro que sexa lido e aceito.
¿En o que estado fican os que, por fin, conseguen acabar a sua carreira universitária filosófica? Tras vários anos de tarefa, na sua mente só bullen centas de ideas contradictorias de pensadores de diferentes épocas, sen que ninguén poda atopar o fio que une os períodos históricos e os pensamentos resultantes. O xoven filósofo actual (¿pode chamar-se filósofo ao que conclui estes estudos?) vive no desconcerto, ou inclina-se por aquelas doctrinas que lle foron apresentadas como as "mellores"; ou sente-se impotente con tantos argumentos que non lle oferecen solucións aos problemas con que se enfrenta diáriamente.
Por iso, non é que falte estritamente Filosofia, pero...
¿PERO O QUE É FILOSOFIA?
lemos tantas definicións e de tantas procedéncias, que non é sinxelo ficar-se con unha sen mais.
Abonde-nos con sinalar que se hoxe pode semellar inabordabel e estéril, nas épocas clásicas de Oriente e Ocidente, a filosofia tratou de desentrañar as grandes perguntas sobre o Universo e o Home e, sobre todo, tentou constituir-se nunha forma de vida, unha axuda importante para o Home como parte do Universo.
Se nos remitimos ás tradicións griegas, quen cuñou o termo pudo ter sido Pitágoras, alegando que el non era un sábio (sophos), se non simplesmente un amante da Sabedoria, un "philosophos". Esa é a explicación mais sinxela e mais profunda que atopamos. É o Amor á Sabedoria o que move aos homes, o que abre os seus ollos ao mundo, o que o arrinca do seu isolamento egoísto, o que o volta sámente inquieto na procura e atopo de algunhas verdades útis para a sua existéncia. O Amor é un motor poderoso, e cando o Amor conduce á Sabedoria moitas portas interiores, antes vedadas e descoñecidas para un mesmo, se abren.
Non se busca "a Verdade", a grande e única Verdade, porque é sabido que os homes son falibeis. Pero cada cual, cada filósofo á sua maneira, tratou de dar con alguns chantes que permitisen a todos os homes -non só a eles, indivídualmente- atinxir unha parte, un matiz da Verdade.
E non tememos arriscar-nos ao dicer que este modo de concebir a Filosofia ten algo de atemporal, que foi valido desde fai séculos, nos segue conmoviendo agora e pode avanzar cara o futuro na certeza de que sempre haberá quen ame o coñecemento profundo e o busque con veneración e respeito, transformando-se asi en filósofo.
¿PARA QUE NOS SERVE?
Tras moitos anos de tentar convencer-nos de que a Filosofia non serve para nada prático nen ten que ver coa vida real, custa moito retomar a idea da sua utilidade.
Voltemos, pois, á tan apreciada realidade, á practicidade que pretendemos outorgar á vida. Quen non se fixo perguntas na nenez, na adolescencia, na mocidade, e ainda na madurez, ás veces a agachadas para non demostrar debilidade ou ignoráncia? Cantas veces esas perguntas se ficaron aboiando no espazo dos imposíbeis? Cantas veces non nos torturamos dando voltadas ao nacimento e á morte, a enfermidade e a vellez? Cantas veces non buscamos unha resposta para o mundo e a nosa presenza en el? Cantas veces non rondamos a idea de Deus, ás veces para a negar a forza de complexa, ás veces para a deixar viver como un sentimento intraducibel?
¿Cantas veces non necesitamos da filosofia para auxiliarnos en meio das dúvidas e a angustia? Sabemos que a Filosofia non serve para nos facer sábios nen para dar coa chante de todos os mistérios do Universo. Pero sabemos que nos serve para despexar algunhas incertidumbres, para usar a nosa própria mente, para plantearnos non só perguntas, se non atrever-nos a esbozar respostas. Sabemos que non sabemos, como ben dicia Sócrates, pero por iso a filosofia nos pon no camiño do coñecemento. Pouco a pouco, sen présa, sen desacougo, aceitando a infinita variedade de cousas que nos preocupan e gozando coas pequenas certezas que imos adquirindo.
A Filosofia serve para viver. É unha arte ben difícil do cual ninguén se ocupa, e do que ninguén semella coñecer a técnica. Simplesmente vimos á vida e deixamos que o instinto vaia ditando as regras do xogo, ou ben as deformamos segundo determinadas aceitacións temporais. Pero Viver, con maiúsculas, é algo diferente. É saber quen somos, que non somos os únicos, que as que nos semellan dolorosas probas e dificuldades non son mais que peldaños para aprender a valer-nos polos nosos próprios meios. É intuir de onde vimos e igualmente intuir que imos cara algun outro tempo-espazo ainda que non sexa o que coñecemos agora mesmo; é concebir un fio de coherencia ao que podemos denominar -se queremos- eternidade.
A Filosofia serve para valorar a Vida e non só deixar-se levar por ela. Serve para valorar a todos os seres vivos e non somente aos humanos. Serve para ollar o ceu e a terra, para hurgar no fondo da terra e para horadar a profundidade do ceu, para ver o redor, para sentir, para pensar. Para ser filósofos conscientes das suas perguntas e da sua respostas, non definitivas, pero si encamiñadas cara unha progresiva comprensión da Verdade. Ninguén nos vai pagar por iso; non nos gañaremos a vida deste modo, pero nos gañaremos o saber viver e estaremos suficientemente pagados coa nosa própria seguranza interior.
¿QUEN A NECESITAMOS?
Todos. A Filosofia non é propriedade dos que poden conformar teorias mais ou menos ben expostas, manexando un linguaxe que non acostuma ser accesibel para quen non realizaron uns estudos específicos.
A Filosofia, encanto a forma de vida, encanto inquedanza de procura do coñecemento, é para todos e a todos lles fai falta esta posibilidade de se interrogar libremente sobre os diversos xeitos do ser e do mundo. Interrogar-se é unha forma de viver. Buscar respostas é unha forma de viver. E se, atopadas algunhas contestacións de base que se adaptan ás nosas necesidades, podemos aplicá-las diáriamente, mellor. Iso é o que nos converte a todos en filósofos e non os títulos académicos que, en todo caso, dan fé de haber cursado unha faculdade, pero non de haber aprendido a pensar e a viver.
NECESITAMOS MAIS FILOSOFIA
Efectivamente, necesitamos mais Filosofia, pero verdadeira Filosofia, tan simple e tan profunda como o é a Vida. Non necesitamos complexidades artificiais nen críticas que uns ou outros expuxeron ao longo da História. A Filosofia há de ser natural, tanto como o é todo o que existe; debe axustar-se á Natureza, non só como meio ambiente se non encanto ás leis que o rexen todo, desde Deus a un micróbio.
Mais allá de modas o grande filósofo Platón dicia na sua obra Parmenides:
"É fermoso e divino o ímpeto ardinte que che lanza ás razóns das cousas; pero exercita-che e adiéstrate nestes exercícios que en apariencia non serven para nada, e que o vulgo chama léria subtil, mentres ainda es xoven; contrário, a verdade escapará -se-che de entre as mans".
Non hai nada novo baixo o sol... Nen o tempo que transcorre pode distorsionar este espírito primordial que nos inclina á Filosofia e que, cando se manifesta, fala ás claras da mocidade dese espírito, teña os anos físicos que teña. Por algo tamén os griegos clásicos descobriran que a "Afrodiña de Ouro" -ou a eterna mocidade- latexa nos corazóns que xamais se pechan aos enigmas da Vida se non que, antes ben, saen decididos a conquistarlos.
Delia Steinberg Guzmán. Directora Internacional de Nova Acrópolis