XVII Jornadas de Filosofía y Voluntariado de América del Sur. Organizado por Nueva Acrópolis en la ciudad de Chincha (Perú), con asistencia de casi 400 voluntarios procedentes de nueve países.Nova Acrópole reúne nunha Organización Internacional (OINA), con sede en Bruxelas, ás asociacións dos diferentes países que se adhiren á súa Carta Fundacional e aos seus principios de acción. Nova Acrópole é unha asociación internacional sen fin de lucro, recoñecida como tal polo Real Decreto do 12 de febreiro de 1990, n.3/12-941/S, segundo lei do 25/10/19 do Reino de Bélxica. Está inscrita no Rexistro Internacional de Asociacións (ver Moniteur n.48 do 9 de marzo de 1990, páxina 4489).

A súa estrutura asociativa garante o respecto á diversidade, a autonomía e a iniciativa de cada un dos seus integrantes.

O seu funcionamento permite que a súa acción se desenvolva con total independencia de intereses políticos, relixiosos e financeiros. Cada asociación membro é responsable ante as autoridades do seu propio país e acata a regulamentación internacional en materia de asociacións.

El Mayor de todos los Viajes. Mesa redonda acerca de la Filosofía contemplada como un viaje. Organizada por Nueva Acrópolis en Israel con motivo del Día Mundial de la Filosofía.De acordo cos seus estatutos, a Xunta Directiva da Asociación Internacional está integrada por un representante de cada unha das asociacións federadas. De entre os seus membros máis cualificados son elixidos os integrantes do Consello Executivo Internacional, que se encarga de coordinar e realizar os contactos necesarios para levar a termo os acordos que se establecen en cada xuntanza anual da Asemblea.

Dende 1992, a presidencia da Organización Internacional está a cargo de Delia Steinberg Guzmán. Actualmente a organización está presente en máis de 50 países.

Cookies make it easier for us to provide you with our services. With the usage of our services you permit us to use cookies.
More information Ok