Filosofía, unha Educación para a Vida

Aínda que digan que a filosofía é impráctica e que non serve para nada, reafirmámonos dicindo: as grandes preguntas, as grandes inquietudes... Onde se contestan? Que facemos con aquilo que nos asalta cando un se atopa a soas consigo mesmo: e por que a vida, e por que a morte, e por que a dor, e por que envellecemos, e por que nos pasan as cousas que nos pasan? Por que hai sufrimento, e por que se pode pasar do sufrimento á alegría e da alegría ao sufrimento, e que é o que nos conduce como un vento dunha cousa a outra? Por que temos temores e por que dubidamos...?

E cando xorden estas preguntas, ou as respondemos ou viviremos perpetuamente angustiados porque botariamos unha cortina diante dos nosos ollos ostentando non ver o máis importante.

Cando hai interrogantes non hai máis remedio que preguntar. Cando Sócrates dicía "Só se que non se nada", non o dicía por conformarse con non saber nada. É un recoñecemento do que non se sabe e un punto de partida: "Vou saber máis porque necesito máis". Aínda que pasen os séculos, o ser humano seguirase expondo estes interrogantes. E basta que nos esixan unha resposta para que a filosofía vólvase útil e práctica, e necesaria.

A filosofía é a Gran Educadora; é a que nos ensina. Non imos chegar a ser Sabios, pero polo menos teremos algúns temores menos, algunhas dúbidas menos das que tiñamos antes; non imos mirar á Gran Verdade, pero empezaremos a ter algunhas certezas.

Unha boa educación forma e transforma. Unha boa educación é alquimia interior; non podemos ser igual antes de aprender como despois. E se somos iguais é que non aprendemos nada, é que memorizamos unha chea de cousas e non sabemos nada. Esa educación formativa, de transformación, como nos dicía o profesor Livraga, non é unha educación de forzar á xente; non se pode torcer a personalidade humana.

En todo caso é unha educación que nos ten que liberar de moitas ataduras e de moitas deficiencias, e de moitas inseguridades e temores. Cando un pode soltar estes lastres, desamarrar a embarcación, a alma sente libre. Esa educación formativa ten que axudarnos, temos que aprender a aprender. E temos que aprender coa práctica, porque nos estamos facendo moi sedentarios. Demasiado. Fáltanos a experiencia. Hai que chegar a ser un mesmo.

Delia Steinberg Guzmán