Festival Musical VOLT, en Sopron, Hungría. Charlas filosóficas ofrecidas por NA a los jóvenes asistentes.Que hai que facer para ser socio?

Para participar nas actividades culturais e de voluntariado é suficiente con solicitalo na sede máis próxima, ou ben indicando o enderezo de correo electrónico na páxina web do país de residencia.

Os que se sintan interesados en formar parte da organización e compartir os valores que promove, poden inscribirse no Curso de Introdución á Filosofía comparada de Oriente e Occidente que convoca periodicamente a Escola de Filosofía ao xeito Clásico da O.I.N.A. en cada sede. Con este Curso proporcionase o coñecemento necesario sobre os principios e modos de acción da O.I.N.A. nas súas diferentes facetas e a súa base filosófica. A condición de socio implica o dereito a recibir unha formación constante, segundo un programa de estudos que se adapta a todo tipo de persoas e non precisa unha titulación previa. Non buscamos un nivel soamente teórico ou erudito para os nosos cursos, senón que proporcionen explicacións útiles para a vida cotiá. Os socios da O.I.N.A. están perfectamente integrados nos seus ámbitos sociais e familiares, pois a súa actividade como tales non os illa nin afasta.

Canto se paga?

Cada sede de Nova Acrópole establece a contía das cotas, dependendo da situación da sede e das posibilidades dos seus participantes.

Como se financian as actividades da O.I.N.A?

Nova Acrópole desenvolve unha economía descentralizada, con periódicas auditorías externas e basea os seus ingresos económicos e sustentabilidade financeira en catro piares:

Cursos de formación e venta de produtos culturais, elaborados nas nosas sedes;

Todos os socios aportan unha cota mensual, que lles da dereito a participar de tódalas súas actividade e teren acceso á rede internacional de centros culturais da O.I.N.A.

O apoio do servizo voluntario, combinado con pouco e eficiente persoal administrativo;

O apoio e patrocinio de empresas privadas e outras institucións.

A O.I.N.A. está vinculada con algunha organización relixiosa ou mística?

Non. Os principios fundacionais establecen o respecto polas diferentes formas institucionalizadas de relixión.

Estamos convencidos de que a ignorancia e o fanatismo soamente xeran violencia e odios “no nome de Deus” e por iso invitamos a un coidadoso estudo comparado que permita xerar lazos de entendemento no lugar de paredes de afastamento. Cremos en Deus e respectamos as distintas formas relixiosas dos nosos socios, por iso Nova Acrópole existe e mantense en países cristiáns, budistas, musulmáns, etc.

É Nova Acrópole de dereitas ou de esquerdas?

O estudo dos ciclos históricos e dos principios filosóficos da procura dunha sociedade xusta forman parte do noso programa de formación. Do mesmo xeito que coa relixión, cremos que as posicións fanáticas e pechadas so xeran violencia e afastamento e que o estudo e reflexión profunda da historia dálle ao individuo ferramentas de tolerancia e entendemento para cos seus concidadáns. Nas nosas sociedades fan falla cidadáns, dispostos a traballar xuntos polo ben común, máis aló de calquera preferencia política.

El taller de artesanía de NA en Kiev participó en el Festival Internacional "Kievan Rus s. XIII", ofreciendo reproducciones de piezas artísticas de arte eslavo antiguo.Está legalmente constituída a O.I.N.A.?

Si. En tódolos países nos que traballamos. Cada unha das nosas sedes atópase rexistrada polas autoridades gobernamentais e cumprimos escrupulosamente coa normativa legal de cada país. Igualmente, promovemos nos nosos socios e amigos o respecto ás mesmas. Ademais, a O.I.N.A., como asociación internacional sen fin de lucro, está inscrita no Rexistro Internacional de Asociacións, recoñecida polo Real Decreto do 12 de febreiro de 1990 nº3/12-941/s do Reino de Bélxica.

Pódese colaborar sen seren socio? Como?

Pódese participar libremente nos diversos programas de voluntariado e de actividades culturais e sociais, que desenvolven as sedes da O.I.N.A. en todo o mundo, o cal permitirá coñecer de preto as nosas actividades e principios en acción.

Soen circular comentarios críticos que pretenden desprestixiar a Nova Acrópole. Cal é a postura da Organización diante estas críticas?

Entendemos que aqueles que se senten ameazados por este franco respecto á diversidade non estean de acordo e en certos momentos nos teñan atacado, e aínda que respectamos e aprendemos da crítica, pois non somos perfectos, rexeitamos e denunciamos a difamación de que ás veces fan uso persoas pouco escrupulosas na Internet e algúns medios de comunicación. A nosa resposta non pode ser máis que o exemplo do noso traballo a prol da educación e a liberdade de pensamento en máis de cincuenta países e as nosas portas abertas a todos os que desexen coñecernos.